Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 21 de novembro de 2019

AVISOS
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuarios/as admitidos/as no programa Nadal Lúdico. Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás consultar as listas de Bertamiráns e do Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden public ...
O próximo luns 25 de novembro celébrase o Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Para a súa conmemoración, o Concello de Ames e a plataforma Feminista de Ames teñen programados diversos actos no Concello e animan a sumarse á concentración convocada ás 20.00 horas ...
O “Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro” ten como obxectivo a realización de imaxes de calidade e de enfoque comercial sobre o parque empresarial. Nel poden participar tanto adultos como menores de idade, e o prazo de presentación das fotografías remata o 22 de ...
A Concellaría de Benestar Social informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará o día 21 de novembro en Bertamiráns. O vehículo estará na Avenida da Mahía, diante da praza, en horario de 9.30 a 14.20 horas pola mañá e de 15.30 a 21. ...

NOVAS

Esta mañá, ás 11.00 horas, presentouse no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, a Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera, da que forma parte a Asociación Cultural San Xoanciño de Alfombristas de Ames, xunto con outras cinco asociacións de Galic ...

Tras o éxito acadado na edición actual do programa InserAmes Brión XI (período 2018-19), cunha porcentaxe de inserción laboral superior ao 60% das persoas participantes, os concellos de Ames e Brión porán en marcha un novo programa que comezará nas próximas semanas e que rematará en out ...

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Así, hoxe é un día para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e nenas d ...

O alcalde do Concello de Macael, situado na provincia andaluza de Almería, Raúl Martínez Requejo, e mailo tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo e Seguridade, Guillermo Casquet Fernández, estiveron hoxe con membros do goberno municipal de Ames para coñecer de primeira man os programas ...

Despois do éxito das outras actividades que se levaron a cabo, este sábado 23 de novembro está programada a última das actividades micolóxicas organizadas polo Concello de Ames para este outono. Será unha nova saída micolóxica en horario de 10.30 a 16.00 horas, con punto de encontro na pr ...

A emisora municipal Ames Radio acolle durante toda esta semana as gravacións das pezas presentadas ao IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua”. En total participan nesta edición 21 grupos (7 do IES do Milladoiro e 14 do IES de Ames ,en Bertamiráns) e serán 69 as r ...

Este venres, 22 de novembro, ás 21.00 horas, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro a obra de teatro “Dúas Donas que bailan”, de Teatro do Atlántico. Destinada a un público adulto, as entradas xa se encontran dispoñibles na