Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 21 de xuño de 2021

NOVAS

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames ten todo listo para II Festa do Apego do Concello de Ames. Por mor das previsións de chuvia para mañá sábado, trasládase toda a programación para diferentes espazos da Casa da Cultura de Bertamiráns e, comezará como estaba ...

Con motivo da redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, o Concello de Ames, a través da Concellería de Mobilidade, convoca dous talleres participativos, o luns 21 de xuño, no Pazo da Peregrina. En horario de mañá, convócase ás ANPAS e familias mentres que que, o da tarde, está dir ...

Artesanía, danza e música son algunhas das actividades da I Feira de san Xoán. O evento, organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración coa concellaría de Promoción Económica e que terá lugar os días 23 e 24 no parque Ameneiral, en Bertamiráns.

O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto da Alcaldía, a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social de Concello de Ames, para o exercicio 2021. Con esta con ...

Gabriel Martínez Pachón, do club de piragüismo Ribeiras do Tambre, desprazouse ata Sevilla para incorporarse á concentración, representando ao equipo Home Kayak Sprint, do Programa de Tecnificación Nacional. Do 24 ao 27 de xuño participará en Polonia no Campionato de Europa Jr e Sub23.

Benestar Social do Concello de Ames organizou dous cursos dirixidos aos traballadores e traballadoras  do SAF de Ames. Entre os días 9 e 30 de xuño, as e os asistentes acudiránn ao curso de “Prevención de riscos laborais”. Do 16 ao 23 de xuño, impártense os obradoiros de “Protecc ...

AVISOS

Por mor da situación meteorolóxica, cancélase a primeira actuación do Programa AmesÓn. Estaba previsto que, o sábado 19 de xuño, o Sond de Caracas Dúo actuase na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas.
O evento, que nun primeiro momento se ía celebrar no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns o sábado 19 de xuño, trasládase ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns por mor da situación climatolóxica.