Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 22 de novembro de 2019

NOVAS

A cidade de Lugo acolleu esta mañá o acto de adhesión do protocolo ‘En Negro contra a Violencia’, que foi asinado por 138 concellos galegos e as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Tratouse dun acto no que se quixo visualizar a unidade dos municipios contra as violencias machista ...

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación da obra de mellora do camiño que vai de Quistiláns a Costoia. Este proxecto, que foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 43.725 euros, está incluído no POS 2019. Ademais, aprobouse adxudicar a realización da obra de mell ...

Despois dunha semana na que o Concello de Ames realizou varias accións ao abeiro da campaña Ames en Negro, co obxectivo de poñer na axenda pública a loita para rematar con todos os tipos de violencia de xénero, o próximo luns 25 de novembro celébrase o Día Internacional de Elimin ...

Ao longo do día de hoxe a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a novena edición das Xornadas sobre igualdade e prevención da violencia de xénero, que organiza o Concello de Ames, coa colaboración da Deputación da Coruña, baixo o título “Acércate á igualdade”. A apertura instituciona ...

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o vindeiro luns, 25 de novembro, ás 20:00 horas, unha xornada sobre comercio electrónico seguro. A actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración do Concello de Ames. Trátase dunha charla gratuíta e aberta ...

Hoxe inaugúrase ás 20.30 horas no Pazo da Peregrina a exposición fotográfica “Sexual Revolution 2.2” de Juan Señorís. Organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Ames, estará dispoñible para a toda a veciñanza ata o vindeiro 30 de decembro.

AVISOS

Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O obradoiro "Búscanse valentes. Inspiración poética" organizado polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames desenvolverase mañá venres á 17.00 horas na Biblioteca do Milladoiro. Dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria, busca fomentar a valentía, o coidado, a tolerancia, o r ...