Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 25 de setembro de 2019

NOVAS

Esta tarde o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Protección Civil, Blas García, o director xeral de Emerxencias e de Interior, Santiago Villanueva, e mailo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixeron entreg ...

O pasado sábado, 21 de setembro, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu a cerimonia de entrega dos Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e, para o acto de entrega, tamén do Concello de Pontevedra. Como programa máis innovador re ...

O alcalde de Ames, José Miñones, recibiu de mans do ministro en funcións de Ciencia, Innovación e Universidades en funcións, Pedro Duque, a distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” de 2018. O auditorio do Palacio de Congresos de Castellón acolleu a cuarta convocatoria dest ...

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizaron este sábado pasado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha travesía a nado composta de tres probas para un total de cinco categorías. Nesta proba deportiva participaron unhas 78 persoas. Na categoría absoluta gañaron Borj ...

AXENDA

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado, 5 de outubro, ás 18.00 horas, o espectáculo Contacontos a carón da fiestra. Manuel Boquete e Ramón Feáns serán os encargados de ofrecer esta actividade que está dirixida aos máis pequenos da casa. A entrada é gratuíta ata c ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, e a organización Acción contra a Fame, colaboran na posta en marcha do programa Vives Emprende, correspondente ao segundo semestre deste ano, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou co ...
A Aula de Informática do Milladoiro abre o prazo para anotarse nos cursos que ofrece para este último trimestre do ano 2019. A oferta está formada por un obradoiro de mecanografía para adultos; outro de correo electrónico tamén para maiores de 16 anos; e un curso de iniciación á programació ...