Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 28 de febreiro de 2020

NOVAS

Esta mañá presentouse a nova Escola de tecnificación que vai a poñer en marcha o RC Deportivo da Coruña en Ames, en colaboración co Bertamiráns FC e co Concello. Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración que teñen subscrito ambos clubs dende o ano 2015. Trátase da primeira ...

O alcalde de Ames, José Miñones, e maila conselleira e presidenta da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, veñen de asinar o convenio de colaboración para mellorar o firme da avenida da Maía, en Bertamiráns, no treito entre a glorieta da autovía AG-56, no punto quilométrico 6 ...

Mañá, venres 28 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ás 20.00 horas, unha homenaxe poética e musical a Rosalía de Castro. O acto central da conmemoración do Día de Rosalía, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, contará con lecturas, dramatización ...

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, presenta a decimo sétima edición do Certame Literario de narrativa e poesía que se convoca de forma anual. Poderá concorrer neste certame calquera persoa que presente textos inéditos en lingua galega, con temátic ...

O Concello de Ames e a Subdelegación do Goberno da Coruña acordaron a incorporación de catro axentes da Policía Local deste municipio ao sistema Viogen de loita contra a violencia de xénero, segundo acordou a Xunta Local de Seguridade reunida a pasada semana baixo a presidencia da subdelegad ...

A Concellaría de Deportes celebra este sábado, 29 de febreiro, a súa décimo cuarta Gala do Deporte, o evento que anualmente homenaxea ás máis destacadas e destacados deportistas do concello, así como ás entidades deportivas. O acto contará con actuacións en directo e demostracións das ...

Os concellos da Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago de Compostela) organizan para o Día Internacional da Muller a andaina “Rosalías da Vida” que terá unha distancia de 20 quilómetros. A saída será dende Lestrobe, en Dodro, ás 9.00 horas, e rematará as 18.00 horas c ...

AVISOS

Un Punto Limpo Móbil estará dispoñible este sábado, 29 de febreiro, diante da Casa do Concello de Bertamiráns. O horario será de 16.00 a 20.00 horas.
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde organiza, a través do programa Ames Saudable, obradoiros de iniciación e consolidación á marcha nórdica en Bertamiráns e no Milladoiro. O obradoiro de iniciación desenvolverase o sábado 29 de febreiro no Pazo da Peregrina de Bertamirá ...