Pestanas principais

Novas e avisos de Ames. 3 de xullo de 2020

NOVAS

Este mércores, 1 de xullo, comezou unha nova edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. Durante a primeira quincena deste mes de xullo están participando 137 nenos e nenas nas actividades deste programa de conciliación. ...

Animación de rúa e propostas para a rapazada que axuden a conciliar o tempo das compras da familia son os eixos sobre os que se desenvolverán as actividades que a Concellaría de Promoción Económica ten previsto realizar o venres e o sábado en Milladoiro e en Bertamiráns. Obradoiros de bol ...

O festival de Jazz celebrarase na noite deste sábado 4 de xullo, coas actuacións de Os Bregadiers e Manuel Gutierrez Trío. O primeiro dos grupos actuará ás 21.00 horas, mentres que o segundo está programado para as 22.30 horas. Este ano, como principal novidade, levarase a cabo un pasarrúa ...

AXENDA

Espectáculo musical infantil a cargo de Xoán Curiel e a Banda de Verán, que terá lugar na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Trátase dun espectáculo que se encontra na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Este venres, 3 de xullo, inaugurase na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra de pinturas de Marité Lamas Domínguez. Unha serie de interpretacións realizadas en acrílicos, lapis e acuarelas, durante os primeiros corenta días da corentena mundial 2020.

AVISOS

A Concellaría de Normalización Lingüística informa de que están cubertas todas as prazas das actividades programadas para a Tarde con Apego do próximo xoves 9 de xullo. Existe unha lista de agarda coas persoas que non obtiveron praza, se algunha das persoas con praza renunciase a algunha das a ...
O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto de Alcaldía, un prazo excepcional de inscrición para o servizo de conciliación da vida laboral e familiar, “Escola de Verán 2020”, para o mes de agosto. Dito prazo estará aberto dende o 1 de xullo ata o 10 de xullo de 2020, ámbolos d ...