Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 6 de marzo de 2020

NOVAS

O IES de Ames acolleu esta maña un acto de conmemoración do Día Internacional da Muller. Nel estiveron presentes, ademais da rapazada do propio instituto, compañeiros/as do IES do Milladoiro que forman parte da Comisión de Igualdade, a directora e subdirectora do centro, representantes da co ...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación do servizo de redacción de proxecto e dirección facultativa da actuación de mellora da eficiencia enerxética no alumeado do rural. Dita actuación ten un orzamento de execución de 1.470.288,94 euros. O 80% do orzamento total será ...

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o próximo martes, 10 de marzo, ás 20.00 horas, unha charla informativa sobre o programa “Vacacións en Paz” da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Ademais de información sobre o programa, será posible inscribirse alí mesmo para se ...

Este venres, 6 de marzo, hai programadas dúas sesións de teatro no concello de Ames. Na Casa da Cultura do Milladoiro representarase “SÓ”, de Xampatito Pato, ás 18.00 horas, mentres que a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ás 21.00 horas, “O meu mundo non é deste reino”. Par ...

A Xunta de Galicia entregou este martes, 3 de marzo, os galardóns dunha nova edición dos Premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (RSE). No apartado de pequena empresa foi premiada a entidade Tecalis Innovación con sede no parque empresarial do Milladoiro. A entidade Altia, qu ...

A Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un curso de horta sostible, que se desenvolverá durante seis sábados dos meses de marzo, abril, maio e xuño, no viveiro municipal situado en Barouta. Este proxecto enmárcase dentro do programa d ...

O Concello de Ames ten programados diversos actos e actividades para a conmemoración do Día Internacional da Muller o próximo domingo 8 de marzo. A primeira das actividades que se vai a levar a cabo é a conmemoración deste día por parte de rapazas e rapaces dos IES de Bertamiráns e Millado ...

A delegación da Asociación Española contra o Cancro en Ames organiza un programa semanal para deixar de fumar. Este, que dará comezo o próximo luns 9 de marzo ás 19.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, desenvolverase todos os luns, en horario de 19.30 a 21.00 horas, durante cinco sesi ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Igualdade e Promoción da Saúde, informa sobre a prohibición de aparcar no aparcadoiro da Casa de Cultura do Milladoiro dende o venres 6 de marzo, ás 0:00 horas, ata o sábado 7 de marzo, ás 16:00 horas, por mor da celebración da carreira de obst ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa que este domingo, 8 de marzo de 2020, terá lugar en Bertamiráns a proba deportiva BTT Transgalaica Concello de Ames, que se vai desenvolver nos arredores do Pazo da Peregrina.