Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 6 de setembro de 2019

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este xoves, 5 de setembro, a adxudicación das obras de mellora do camiño que vai de Firmistáns á estrada de Tarrío. Este proxecto, que foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 27.836 euros, está incluído no Plan de mellora de camiños ...

Os rapaces e rapazas participantes no Campus de Atletismo “Correndo cara o Xacobeo”, organizado polo Club de atletismo Millaraio, percorreron este pasado mércores, 4 de setembro, o tramo de Camiño que vai dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro. A experiencia resultou moi positiva, e ...

Dende este martes, 3 de setembro, as oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servizo d ...

O alcalde de Ames, José Miñones, estivo na visita do Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luís Planas, ás instalacións de CLUN. O rexedor municipal aproveitou a ocasión para entregarlle ao Ministro un dossier do Plan municipal de prevención de incendios forestais, m ...

A Concellaría de Benestar Social, en colaboración coa Secretaria Xeral da Igualdade, organiza para os días 23 e 25 de setembro un curso de auto defensa para mulleres. Trátase dun curso para saber como actuar ante situacións violentas que se impartirá no pavillón municipal do Milladoiro, en ...

A asociación cultural de Pedrouzos, Lamas e Vilar organizan para este sábado, 7 de setembro, a primeira edición da Festa dos Muíños das Tres Aldeas. Colaboran os departamentos de Cultura e Medio Ambiente do Concello de Ames, así como a tenda Hello Cooking. Haberá unha visita guiada polas m ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que a reunión informativa de inicio de curso e maila xornada de portas abertas da Escola Municipal de Música de Ames, será o xoves 12 de setembro, ás 20:00 horas, no Multiusos de Aldea Nova. As clases do curso 2019/2020 comezar ...