Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 6 de xuño de 2022

AVISOS
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para a preinscrición nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2022-2023. O pr ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa sobre o cambio no sentido de circulación que se vai a producir nas rúas Cruxa e do Frances, na localidade do Milladoiro.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderán obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 27 de maio o proxecto técnico e mailo expediente de contratación para as obras de adecuación da antiga nave de obras para a implantación dunha central de lavado e locais anexos auxiliares para os comedores escolares municipais. O orzamento base de lic ...

O Concello de Ames presentou este xoves o Plan de Incendios para o ano 2022, no que quedan recollidos os pasos a tomar segundo a magnitude do lume e da situación de emerxencia, así como os medios dos que dispón o Concello, os diferentes grupos de intervención e os contactos e teléfonos das p ...

O Concello de Ames recupera a tradicional festa dos maiores, que este ano se celebrará o sábado 2 de xullo, ás 14.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O xantar será gratis pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números d ...

A Real Academia Galega presentará o luns 6 de xuño, ás 20.00 horas, Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames. O acto de presentación realizarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A guía responde á demanda de formación do profesorado sobre o tema que abo ...

AXENDA

As bibliotecas amesás acollen en xuño unha serie de presentacións de libros. A segunda será “Retratos en branco e negro”, da escritora, actriz e contacontos Charo Pita. Será este xoves 9 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. No acto, a autora contará coa prese ...

As bibliotecas amesás acollen en xuño unha serie de presentacións de libros. A primeira delas será “Cuestión social: protocolo, boas maneiras e imaxe”, da escritora e experta en protocolo social Margarita Murillo. Será este mércores 8 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás ...