Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 7 de setembro de 2020

NOVAS

Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, xunto co técnico municipal de Deportes e maila arquitecta municipal, visitaron o campo de fútbol de Bertamiráns para ver de primeira man como quedou esta instalación despois das obras realizadas. ...

Continúa a programación do ciclo “Música na noite”. Quedan tres concertos que se desenvolverán durante este mes de setembro. O primeiro celébrase este domingo, 6 de setembro, ás 20.00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, a cargo de Havana Group. Este concerto é de balde e o aforo ...

Este xoves, 3 de setembro, o Concello de Ames celebrou unha nova sesión plenaria, neste caso a ordinaria do mes de agosto. En dito pleno a Corporación municipal deulle aprobación a un crédito extraordinario por valor de 116.509,57 euros. Dito importe representa o 20% da achega que fará o Con ...

Para acudir a facer trámites presenciais ás oficinas municipais é necesario sacar cita previa. Para iso ponse a disposición da veciñanza unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. Ademais, ...

AXENDA

Este xoves, 10 de setembro, ás 18.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, haberá unha nova sesión do ciclo “Música na noite”.

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que se ofrece un servizo de consulta e asesoramento sobre asuntos relacionadas con emprego, comercio, PEMES e autónomos.
Dende o xoves, 3 de setembro, o persoal das oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servi ...