Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 2 de novembro de 2021

NOVAS

O alcalde de Ames, Blas García, mantivo esta mañá unha reunión coa  Secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, na Delegación do Goberno da Coruña. Na xuntanza, na que tamén estiveron presentes o Delegado do Goberno, José Miñones, e o conce ...

O Pleno Ordinario do mes de outubro aprobou a proposta do regulamento do Consello Sectorial de Nenos e Nenas, logo de que transcorrese o período de exposición pública sen que se presentasen alegacións. Na mesma sesión plenaria aprobouse o decreto da Alcaldía 3260/2021 do 15.10.2021, da 2ª ...

Membros da Corporación Municipal de Ames recibiron este xoves 28 á activista salvadoreña Morena Herrera, acompañada de Lorena Seijo, coordinadora da organización sen ánimo de lucro, AGARESO. Morena Herrera (El Salvador, 1960) é unha histórica activista polos Dereitos Humanos e da muller, ...

Os primeiros prazos de inscrición das actividades da animación á lectura para a rapazada xa están abertos nas bibliotecas de Ames, que acollen dúas propostas durante este mes de novembro: “Coma gatos e ratos”, unha sesión de contacontos pensada para nenas e nenos dos 3 aos 8 anos, e “ ...

Os “corazóns solidarios” recolleron ao menos uns 2160 quilos de tapóns de plástico da veciñanza de Ames, dende a súa instalación o pasado mes de xuño na Praza do Concello, en Bertamiráns, e no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Uns 18 sacos de material reciclable foron xa d ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará o sábado 30 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de 10:00 a 15:00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19 é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

AVISOS

No enlace que está ao pé podes consultar a data de celebración do exame do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a por programa dun/dunha técnico/a de contratación pertencente a escala de administración xeral, sube ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús da Rede de comedores escolares. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.