Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 1 de abril de 2024

NOVAS

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a ratificación do decreto de aprobación do proxecto modificado relativo ás obras de pavimentación de viarios na aldea de Villaverde, en Piñeiro, pertencente ao POS+ 2024; o nomeamento da secretaria do Consello sectorial da Cultura; a adhesión ...

O Concello de Ames, a través dos departamento de Bibliotecas, Normalización Lingüística e Cultura, presentou esta mañá a programación especial co gallo da celebración do Mes do Libro. Este ano está formada por obradoiros, sesións de contacontos, concursos, teatro e encontros literarios. ...

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 21 de marzo a adxudicación do proxecto de pavimentación de viarios no núcleo de Mourigade, pertencente á parroquia de Bugallido, por un importe de 167.635,28 euros. Dito proxecto, que está incluído no POS+ 2023, foi adxudicado á empresa Exc ...

Ames conmemora o Día Mundial do Teatro coa publicación dun vídeo que protagonizan algúns dos rapaces e rapazas que integran a Escola Municipal de Teatro . Nel conmemoran este día explicando que significa para eles o te ...

A cativada da escola infantil municipal A Madalena, situada no Milladoiro, está a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos traballos que trataron nas aulas, o pasado 22 de marzo recibiron a visita dos servizos de emerxencia do G.E.S de Brión e da ...

O vindeiro sábado, 6 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris ...

Dende o luns, 1 de abril, estará aberto o prazo de preinscrición para o curso 2024-2025 nas escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro). As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 15 de abril. Posteriormente, os/as admitidos/as de ...

AVISOS

As empresas amesás que estean interesadas poderán poñerse en contacto co consultor homologado polo Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX) no 2018 e xerente de LEILOIO, Luis Pombo Pereira, para participar no servizo de consultoría que ofrece este coworker do espazo colaborativo A Proa. ...

AXENDA

O sábado, 6 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud ...

Co obxectivo de que a Axenda 2030 sexa un proxecto participativo, o Concello de Ames organiza un encontro do Foro Municipal da Axenda Urbana cos axentes clave do municipio o 18 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar é necesario cubrir un formulario especí ...

Co obxectivo de que a Axenda 2030 sexa un proxecto participativo, o Concello de Ames organiza un encontro do Foro Municipal da Axenda Urbana cos axentes clave do municipio o 11 de abril, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para participar é necesario cubrir un formulario específi ...