Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 1 de setembro de 2022

NOVAS

Dende mañá xoves 1 e ata o xoves 15 de setembro estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2022-2023. A inscrición poderase realizar a través da

Tras sete anos de parón dende a súa anterior edición, a Milla Urbana Concello de Ames volve neste 2022 ao Milladoiro. Trátase dunha carreira curta, na que as persoas participantes deberán percorrer un circuíto urbano de entre 200 metros e unha milla, dependendo da idade. Calquera persoa pod ...

Tras un breve descanso durante os meses de xullo e agosto a Concellaría de Promoción da Saúde volve a poñer en marcha o programa SaúdeAndo. Este ano o programa está composto por 38 andainas con saída dende Bertamiráns e mailo Milladoiro. De setembro a decembro faranse 16 andainas (8 en ca ...

AVISOS

Debido á alta probabilidade de chuvia para o xoves 1 e o venres 2, o departamento de Normalización Lingüística decidiu aprazar as "Brincadeiras miúdas" de Cé Orquestra Pantasma, previstas para esta semana no parque do Ameneiral de Bertamiráns e no parque dos Piñeiros do Milladoiro, xa que ao ...
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Setembro Lúdico 2022 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou no DOG do 19 de agosto a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e preparatorios para os Celga que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas (EOI) durante o curso 2022-2023.

AXENDA

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organi ...

Co inicio do curso escolar 2022-2023 volven unhas das principais actividades de animación á lectura para o público adulto das bibliotecas amesás. Os encontros literarios en Ames arrincan este xoves 1 de setembro coa presentación da obra “O roubo do sol”, un poemario de Diego Rojo con ilu ...