Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 10 de agosto de 2022

NOVAS

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, achegouse o pasado venres 5 de agosto ao lugar das Cortes, na parroquia de Ortoño, co fin de revisar as obras realizadas na zona. O proxecto, no que se investiron 152.729 euros, inclúe melloras nos interiores dos núcle ...

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolleu este sábado día 6 de agosto a semifinal do “Canta con Ames”. De entre os vinte participantes, o xurado escolleu aos 12 seleccionados para pasar á final. Esta xornada do “Canta con Ames” contou, ademais, con dúas convidadas de excepción ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 10 de agosto en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo ...

AVISOS

O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Setembro Lúdico 2022, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de emenda é ata o 24 de agosto (incluído).

AXENDA

O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao ...