Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 10 de outubro de 2022

NOVAS

O local social de Tarrío acolleu a comezos de semana a primeira xuntanza previa á posta en marcha de “Terra de mulleres: voces nos valos”, que por segundo ano se desenvolve en Ames tras a boa acollida da veciñanza de Biduído na pasada edición. O proxecto de arte urbana feminista, coordin ...

Este mediodía presentouse no Milladoiro a sexta edición do certame Enreguéifate, un proxecto conxunto impulsado polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, que busca difundir a improvisación oral en verso e contribuír á promoción do uso da lingua galega. A ...

Tras un breve descanso no verán, a Concellaría de Mocidade propón neste mes de outubro unha nova actividade do programa Trouleando, desta volta cunha saída a Vedra, onde se xogará a laser tag e se realizará un pequeno tramo en caiac polo río Ulla. Será na mañá do sábado 22 de outubro, ...

A compañía Ibuprofeno Teatro protagoniza unha nova proposta de artes escénicas en Ames neste outono, coa obra “Smoke on the water”. O espectáculo, que combina teatro con música en directo, conta unha historia de amor tinguida de sexo, drogas, e o rock and roll dos anos 70. Será o próxi ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que ...

A parroquia de Agrón celebra este sábado 8 e domingo 9 as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames e a Concellaría de Cultura colaboran coas festas a tra ...

AVISOS

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde informa da listaxe de persoas admitidas no obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. O obradoiro conta con 15 prazas. Debido a que houbo máis inscrición que prazas ofertadas houbo que realizar un sorteo. Publí ...
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

AXENDA

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que ...