Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 11 de xuño de 2024

NOVAS

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizou este domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual no ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a primeira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con ...

O vindeiro venres, 14 de xuño, o grupo municipal de teatro pechará a súa actividade co segundo pase da obra “A visita”, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O convites están dispoñibles na Billetei ...

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra desde hoxe e ata ao 18 de xuño, cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso, que terá lugar o 20 de xuño no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Os estudantes de percusión, guitarra, saxo, piano, canto e ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 11 de xuño en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través de decreto de Alcaldía, informa sobre a tramitación de urxencia do procedemento “Escola de verán 2024”. O 2 de maio de 2024, mediante o Decreto 1377/2024, resolveuse o inicio do prazo de inscrición do servizo de conciliación da vida laboral e familiar do concel ...
A II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, inicialmente prevista para o 14 de xuño, adíase por prognóstico meteorolóxico desfavorable. Finalmente, celebrarase o venres 28 de xuño no Pazo da Peregrina (Bertamiráns), ás 20:30 horas. As entradas poden adquirirse ata o vindeiro ...

AXENDA

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 11 de xuño en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que ...