Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 12 de setembro de 2022

NOVAS

O próximo luns, 12 de setembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para o curso 2022-2023. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 18 de setembro. A xestión ...

Este xoves, 8 de setembro, celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos recollidos na orde do día. Deste xeito aprobouse a Conta Xeral, que se pechou cun resultado orzamentario axustado de ...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación do acondicionamento das vías interiores do núcleo de Pedras, na parroquia de Ames. As obras, que inclúen tres treitos dun total de 675 metros de lonxitude, contan cun orzamento base de 76.887,08 euros, incluídos no POS+ 2021 da Depu ...

De cara ao comezo do curso 2022-2023, a Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, abre as súas portas a todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse nalgunha das materias e especialidades que ofertan. Deste xeito, do luns 12 ao mércores 14 de setembro poderase acudir ás inst ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o nomeamento dun novo tribunal no proceso selectivo para a selección e nomeamento, como funcionario/a interino/a ata cobertura de vacante, dun/dunha técnico/a de secretaría pertencente á escala de administración, subescala t ...
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames informa de que se vai realizar unha xuntanza informativa sobre a liña para parque eólico da Picota, que atravesará os concellos de Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela. Dita reunión informativa será o mércores, 14 de setembro, ás 19.00 horas, no local ...

AXENDA

A Concellaría de Cultura retoma en setembro as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo coa película “Cuñados”, nominada na categoría de mellor longametraxe nos XX Premios Mestre Mateo. A comedia xira arredor dos esforzos de dous cuñados, Eduardo e Sabonis, para salvar a súa bodega familiar. ...