Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 13 de maio de 2024

AVISOS
O Concello de Ames informa da publicación do decreto desta Alcaldía número 1490/2024, de 10 de maio, a través do cal avocouse a competencia delegada na Xunta de Goberno local para a aprobación da listaxe de proxectos seleccionados para a súa pariticipación no Ames AV Lab - Laboratorio, para o ...
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa de que o luns, 13 de maio, estará cortada ao tráfico a rúa do Pedregal, en Bertamiráns, debido ás obras que se están realizando nesta vía. Durante a xornada do día 13 executaranse traballos de fresado e asfal ...
O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2023 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 80.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o 3 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. C ...

NOVAS

O campo da festa de Bugallido acolleu este sábado, 11 de maio, a segunda edición da Feira do Pan e do Cereal, para poñer en valor un produto esencial na gastronomía, na tradición e na cultura galega, a través de exposicións, charlas, obradoiros e degustacións. A través desta feira búsca ...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 2 de maio de 2024 as bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo do exercicio 2024. A contía máxima desta liña de axudas ascende a 20.000 euros. As ...

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice. Esta actividade impartirase o sábado, 11 de maio, en horario de 11:00 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade im ...

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola sexta etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o vindeiro sábado, 18 de maio. Os participantes camiñarán arredor de 15 quil ...

Un total de doce nenos e nenas do club Ames Xadrez participaron no torneo provincial por equipos infantís celebrado o pasado sábado en Santiago de Compostela. Os rapaces puideron gozar dunha xornada na que compartiron experiencias e divertimento con outros xogadores, intercambiando ademais os s ...