Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 13 de outubro de 2022

NOVAS

Este venres, 14 de outubro, o Concello de Ames e maila empresa amesá do sector da tecnoloxía, Tecalis, que ten a súa sede no parque empresarial do Milladoiro, van a participar en Valencia na sexta edición de Innpulso Emprende, o evento máis representativo da Rede Innpulso, que ten como obxec ...

O pasado venres 7 de outubro, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) celebrou na súa sede, na Estrada, un acto de recoñecemento ao labor da Policía Local de Galicia, no que se entregaron medallas ao mérito da Policía Local e distintivos aos e ás axentes que cumpren 25 anos de serv ...

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación da pavimentación das vías interiores do núcleo das Buceleiras, na parroquia de Bugallido. Cun orzamento base de 250.000 euros, o proxecto, parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, inclúe actuacións en arredor de dous quilóme ...

A Oficina de Voluntariado e a Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames celebran este sábado 15 de outubro dous obradoiros, a partir das 11:00 horas no antigo centro de saúde do Milladoiro. Por unha banda, organízase un taller de robótica para nenas e nenos de 7 a 12 anos,

O Concello de Ames únese ás conmemoracións deste xoves 13 de outubro, Día Mundial do Cancro de Mama Metastático. Deste xeito, iluminarase de rosa a fachada da Casa do Concello, co obxectivo de sensibilizar sobre esta fase avanzada do cancro de mama, primeira causa de morte de mulleres entre ...

AXENDA

O departamento de Bibliotecas amesán organiza o terceiro encontro literario do curso 2022-2023, no que o historiador e escritor ourensán Xosé Manoel Núñez Seixas presentará o seu último traballo, “Volver a Stalingrado”. Será o xoves 13 de outubro ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina ...

As actividades do programa Apego do último cuadrimestre continúan cunha sesión de narración oral protagonizada por Raquel Queizás e a ra Nano, coa que as crianzas poderán aprender as partes do corpo ao ritmo da música. A proposta, dirixida a familias con nenas e nenos de 1 a 4 anos, terá ...

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organi ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, informa de que unha unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” estará os días 11, 13, 14 e 17 de outubro na praza de Chavián, en Bertamiráns, no lateral do centro de saúde. Trátase dun programa da Xunta de G ...