Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 14 de abril de 2025

NOVAS

O alcalde e responsable do departamento de Bibliotecas, Blas García, así como o técnico e a animadora á lectura das bibliotecas municipais, Xoán Manuel Pérez e Divina Fernández, presentaron esta mañá o novo servizo 24/365 que comezará a prestar dende o vindeiro luns, 14 de abril, a sala ...

A Biblioteca municipal de Ames continúa coa súa programación de actividades dentro do programa “Abril, mes do libro en Ames”. Deste xeito, organizan un obradoiro de encadernación xaponesa, dirixido para a rapazada a partir de 3º de primaria. A actividade desenvolverase o venres 25 de abr ...

O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo, Administración Xeral e Mobilidade, Víctor Fernández, mantiveron este xoves, 10 de abril, unha xuntanza coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. En dito encontro o rexedor municipal t ...

Alumnado do IES do Milladoiro acaba de recibir un dos premios da categoría escolar da oitava edición Certame Enreguéifate, o premio á regueifa máis inclusiva, polo traballo realizado en colaboración co CEE Manuel Navalón. O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “

O Club Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza para o mércores 16 e o xoves 17 de abril, coincidindo coa Semana Santa, unhas xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverán na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:00 horas ...

Dende hoxe, sábado 12 de abril, xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a promoción do comercio local. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP da xornada de onte, venres 11 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dit ...

AVISOS

Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Primavera Lúdica 2025 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.