Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 14 de novembro de 2023

AVISOS
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o venres, 17 de novembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán f ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles para acudir hoxe á proxección do filme ¡Salta!. A longametraxe poderase ver hoxe ás 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ao final da proxección haberá un ...
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os anuncios publicados no BOP sobre o nomeamento de persoal funcionario de carreira de seis prazas: unha praza de informático, unha praza de responsable de garda ambiental, unha praza de técnico/a en mocidade e información xuv ...
O Concello de Ames informa de que debido ao desbordamento do rego do Anduriña, afluente do río Tambre, na contorna da área fluvial de Tapia, está cortada a estrada que vai dende Tapia ata Piñeiro. Recoméndase extremar as precaucións e non empregar dita estrada.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

DOCUMENTOS

 

NOVAS

“San Froilán”, “Cociñeiras festeiras”, “Facendo un estoque dende cero”, “O retrato de Dorian Gray, Oscar Wilde”, “O galego non é de vellos” e “Prepo Rap” foron os vídeos gañadores do Galetiktokers 2023. Os premiados déronse a coñecer nunha gala celebrada o pasado ve ...

Dan inicio as tarefas de acondicionamento dos parques caninos de Ames do Milladoiro e Bertamiráns adxudicadas a empresa Construcciones Lemos Martínez, S.L. por un monto total de 30.000 euros (IVA incluído).  Estas actuacións en ambos parques responden a “unha antiga reclamación dos us ...

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas de Ames no exercicio 2022. O importe das subvencións ascende a 78.809,34 euros. Un total de 20 entidades beneficiaranse da axuda, que busca achegar a práct ...

Un ano máis Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 12 de xaneiro e o 19 de febreiro de 2024. O programa está dirixido a rapaces e rapazas que teñen entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2023. Ao Concello de Ames co ...

A Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro organiza unha nova edición do seu certame fotográfico, co que colabora a Concellería de Promoción Económica do Conc ...

AXENDA

O programa de actividades dará comezo o xoves 16 de novembro coas XIII Xornadas Achégate á Igualdade que este ano teñen como lema  “Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades”. Trátase dunha xornada gratuíta que se vai a organizar no auditorio da Casa da C ...