Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 17 de xuño de 2024

NOVAS

O alcalde de Ames, Blas García, mantivo esta mañá unha xuntanza na Casa da Cultura do Milladoiro coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para abordar a humanización da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. En dito encontro tamén participaron o concelleiro de Obras e Serv ...

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o documento definitivo da Axenda Urbana 2030, que é o documento que marcará a estratexia e as accións a levar a cabo ata 2030, para facer de Ames un concello de convivencia amable, acolledor e máis saudable. Esta folla de ruta naceu como result ...

O proxecto Apego continúa o seu programa de actividades neste mes de xuño coa actividade “Obradoiro de cianotipia”, de Alouette Machine, que se vai desenvolver no parque do Ameneiral o venres 21 de xuño, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo el ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o vindeiro luns día 17 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de ...

Hoxe sábado, 15 de xuño, comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público por primeira vez este ano. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domin ...

AVISOS

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.