Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 18 de agosto de 2022

NOVAS

O Concello de Ames desenvolve dende o mes de xuño unha serie de medidas para reducir o consumo de auga, así como a campaña de concienciación veciñal “Augaconsellos”, coas que se conseguiu reducir o gasto en xuño nun 7,69% con respecto ao 2021. Non obstante, o consumo volveu repuntar en ...

Este xoves 18 de agosto a praia fluvial de Tapia acolle a penúltima proposta do programa “Seráns de Ames”, unha iniciativa cultural que se vén desenvolvendo ao longo de todas as tardes de xullo e agosto nas parroquias de Tapia e Bugallido. Nesta ocasión, ata a área recreativa chega unha ...

AXENDA

Os Seráns de Ames continúan en Tapia cunha nova edición da Foliada con Apego, unha actividade chea de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións galegas e pasalo ben. Será o xoves 18 de agosto, ás 19:30 horas, coa actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk.