Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 19 de abril de 2024

NOVAS

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este mércores, 17 de abril, o sexto pleno de estado do Concello de Ames. Esta sesión plenaria serviu para facer balance sobre a xestión do goberno local e da situación na que se atopa o municipio amesán. Dese xeito, fíxose balance da ex ...

O departamento de Normalización Lingüística de Ames organiza este sábado 20 de abril, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a presentación do libro cos 18 textos premiados XX Certame Literario de Ames, á que acudirán as persoas gañadoras da edición de 2023.

O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital. Esta actividade realizouse na aula AMTIC, do 11 de marzo ao 17 de abril. Tivo unha duración de 20 horas e participaron 12 persoas. Este ...

AXENDA

 Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vén de anunciar un novo encontro coas escolas de música de Carnota e Caldas de Reis. A xuntanza terá lugar o venres 3 de maio, ás 18:30 horas, na Praza de Chavián, en Bertamiráns. Trátase da terceira edición deste encontro, que xa se celebr ...

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo q ...

AVISOS

Con motivo da convocatoria de eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o próximo día 9 de xuño, o Concello de Ames expón ao público, para consulta e presentación de reclamacións, o censo electoral elaborado pola Oficina do Censo Electoral, durante o período de exposición do 22 ao ...