Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 2 de abril de 2024

AVISOS
O Concello de Ames, a través do departamento de Educación, informa sobre o número de prazas ofertadas nos servizos complementarios de educación para o curso 2024-2025.

NOVAS

O alcalde de Ames, Blas García, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, a empresa Karbonius Composites Technologies, unha empresa punteira no sector do traballo da fibra de carbono con proxección internacional e sede no Milladoiro. Foron acompañados do dono e fundador, ...

Esta semana comeza unha nova edición do ciclo Abril de Cine, unha iniciativa encadrada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames ...

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza de danza dirixida a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o 5 de abril, ás 20:30 horas, co espectáculo de danza “Sofá”. A representación, producida por Marta Alonso, está dirixida a un ...

AXENDA

O sábado 20 de abril preséntanse os libros (un de poesía e outro de narrativa) que recompilan os textos gañadores das últimas vinte edicións do Certame Literario do Concello de Ames. Será no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 horas.

O xoves 18 de abril, Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero presentan no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Os suicidantes", da editorial Xerais.

Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén q ...

O mércores 10 de abril, Tuco Cerviño presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Un taxi verde e un concerto", da editorial Galaxia.

Por este intenso relato transita a memoria da familia do autor, que se remonta ata o século XIX, con historias de masóns, republicanos, socialistas, ga ...