Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 2 de novembro de 2023

AXENDA

A ANPA As Brañas e mailo CEP de Ventín organizan unha charla sobre a miopía que está dirixida ás familias. Será o venres, 3 de novembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta actividade colaboran o Concello de Ames e maila Universidade de Santiago de Compostela.

NOVAS

O Goberno municipal presentou esta mañá o proxecto de humanización da contorna das rúas Madalena, Estivada de Castelao e das Camelias, integrando a praza da Madalena, o parque de Estivada de Castelao e mailos espazos públicos que lindan coas mesmas. O proxecto, constará de varias fases. A p ...

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, a través do programa Ames Saudable, organiza obradoiros de iniciación e consolidación á marcha nórdica en Bertamiráns e no Milladoiro durante o mes de novembro. O obradoiro de iniciación desenvolverase o sábado 18 de novembro no Milladoir ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa que ten organizado un operativo especial debido á declaración de alerta por temporal de vento e choiva. Dito operativo comeza a funcionar este mércores, 1 de novembro, a partir da tarde, e prolongarase durante ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves, 2 de novembro, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do per ...

A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar, o pasado 19 de outubro, a adxudicación das obras de ampliación da Casa da Cultura do Milladoiro. O proxecto foi adxudicado á empresa Nature Infraestruturas e Servizos SL por importe de 264.869 euros. O proxecto, que forma parte do POS + 2022 da ...

O alcalde, Blas García, reuniuse coa veciñanza da rúa Agrelo en compaña dos concelleiros de Obras e Urbanismo, Gustavo Nieto e Victor Fernández, así como un técnico da empresa redactora do proxecto, Estudo Técnico Galego. Esta xuntanza responde á vontade dos presidentes das comunidades d ...

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron ser protagonistas un ano máis do Festival internacional de Maxia “Festimax”, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 27, 28 e 29 de outubro. O evento, que reuniu a un total de 1.025 persoas ...

A sétima edición do Enreguéifate botou a andar no concello de Ames cos obradoiros nos centros de ensino. Unhas sesións formativas que teñen c ...