Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 2 de outubro de 2024

NOVAS

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse o sábado, 12 de outubro,

O departamento de Normalización Lingüística de Ames continúa programando actividades dentro do programa Apego. Desta volta, 25 rapaces e rapazas, acompañados das súas familias, participaron nunha excursión para darlle a benvida ao outono. Durante a actividade, que se realizou o pasado sáb ...

Hoxe, 1 de outubro, é o Día Nacional da Artrite. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, quere sumarse á homenaxe a todas as persoas con artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil, a espondilitis anquilosante e espondiloartritis. Por iso, dur ...

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, continúa cos obradoiros para promover o aproveitamento sostible dos alimentos. Deste xeito, para este sábado 5 de outubro propón o obradoiro “Doce outono: obradoiro de elaboración de marmeladas, confituras e chutneys”. Dirixido a ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes e Promoción da Saúde, fai públicas as listaxes de persoas admitidas nas clases de taichi/chi kung que se impartirán tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Estas sesións forman parte da oferta de actividades da Escola da Saúde.