Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 21 de abril de 2025

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora do edificio da Escola Municipal de Música de Ames. As obras contemplan actuacións de substitución e mellora da cuberta do edificio e maila adecuación dunha estancia para as dependencias do persoal da Agrupación de ...

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa programación de artes escénicas neste primeiro semestre de 2025. Nesta ocas ...

Este vindeiro martes, 22 de abril, poñerase o peche final a unha nova edición do programa Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que nace coa finalidade de achegar o cinema galego á veciñanza. Desta volta, ...

Esta pasada fin de semana a localidade de Logroño acolleu o Campionato de España Infantil de Karate, unha cita na que a Escola de Karate Dokkodo estivo representada por Tiago Blanco, Xián Blanco e Jadel Rodríguez. Así mesmo, a nivel técnico, o club amesán contou coa presenza de Enrique Bla ...

Augas de Ames está de estrea. Esta mañá abriu a nova oficina do Milladoiro, que está situada no cruce da avenida de Rosalía de Castro coa rúa Viorneira, no número 56. A nova oficina está situada ao carón da estrada principal do Milladoiro, nun lugar máis visible para a veciñanza e cont ...

O programa do Apego continúa coa súa ampla oferta de actividades para as crianzas amesás ao longo deste mes de abril. Desta volta, co espectáculo de contos e música “Pan con chocolate”, de María e Carme da Pontragha, que se desenvolverá o vindeiro venres 25 de abril, ás 18.00 horas, n ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, vén de poñer en marcha a campaña “Como desfacerse dos res ...

Este pasado luns, 14 de abril, deu comezo unha nova edición da Primavera Lúdica, na que este ano están a participar 107 nenos e nenas. O obxectivo deste programa de conciliación é ofrecer ás familias de Ames unha posibilidade de compatibilizar a vida laboral e familiar nestas vacacións de ...

AVISOS

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante os días 24 e 25 de abril en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.