Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 21 de setembro de 2022

AVISOS
O Concello de Ames informa sobre o resultado do sorteo do novo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames que se realizou este mércores 21 de setembro.
O Concello de Ames publica dous modelos para presentar posibles alegacións sobre a liña de evacuación do Parque Eólico da Picota. Existen dous modelos: un impreso para presentar alegacións de fincas particulares e outro impreso de alegacións xerais sobre a liña eólica. Os impresos poden pres ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa do resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas municipais para o curso 2022-2023. As clases comezarán o luns 3 de outubro de 2022 e rematarán o 17 de xuño de 2023. Unha vez publicada a listaxe de admitidos, as persoas qu ...

NOVAS

O programa Amessan volve con novas actividades saudables para os e as maiores de 60 anos a partir do luns 3 de outubro de 2022. Este ano como novidade vanse a facer grupos diferentes de practicamente todas as actividades para atender ás persoas maiores de 60 anos, que se atopan moi activos e nun ...

O Pazo da Peregrina acolle este xoves, 22 de setembro, ás 20.00 horas, a presentación do proxecto de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexiona ...

O prazo de matrícula na Escola integral de maiores do Milladoiro, coordinada pola OVA e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar desta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir ás Casas ...

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización di ...

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Transición Ecolóxica e ...

O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, evento instituído pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado por Alzheimer's Disease Internacional (ADI) en 1994. Por este motivo, mañá durante a tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención ...

AXENDA

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Transición Ecolóxica e ...