Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 21 de xullo de 2022


NOVAS

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación das obras de pavimentación nas rúas Poeta da Maía, Xesteira e Fieira, en Bertamiráns. Cun orzamento base de 101.358 euros, o proxecto, que forma parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, súmase a outras actuacións similares aprobadas ...

A artista amesá Ana Rosa Lista vén de participar na Mostra Internacional de Renda de Bilros de Peniche, en Portugal, que regresou nesta pasada fin de semana, do 15 ao 17 de xullo, dous anos despois da súa última edición. A palilleira representou a Ames cun “stand” no que mostrou unha esc ...

A praia fluvial de Tapia acolle este xoves 21 a terceira parada da programación de verán “Seráns de Ames”, un programa que ao longo de todas as tardes de xullo e agosto levará diferentes actividades para todos os públicos ás parroquias de Bugallido e Tapia. Nesta terceira semana de prop ...


AVISOS
Dende o martes 19 de xullo e ata o mércores 17 de agosto, as familias amesás poden solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para as crianzas que cursaron o segundo ciclo de educación infantil no curso 2021-2022 nun centro de ensino sostido con fondos públicos. E ...

AXENDA

Chega a terceira xornada dos Seráns de Ames cunha actuación na praia fluvial de Tapia do grupo SU MA. Trátase dun espectáculo de danza-circo 360º de medio formato onde os personaxes crean mundos de fantasía, a partir das 19:30 horas.