Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 24 de outubro de 2023

NOVAS

Esta maña inauguráronse os percorridos ambientais que se crearon na zona sur do Milladoiro. Dito proxecto foi adxudicado á empresa MGM Edificaciones e Infraestructuras SL por un importe de 144.690,36 euros (IVE incluído). Esta actuación estivo cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemen ...

O concello de Ames acolleu onte unha nova edición da carreira pedestre popular que se desenvolveu na localidade de Bertamiráns e a súa contorna. Na proba absoluta o gañador foi Mehdi El Nabaoui, do club Oriente Atletismo, cun tempo de 30.16, e Nouhaila El Gazouir, do club deportivo Arzúa, cu ...

As Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán esta fin de semana a décimo oitava edición do Festival de Maxia de Ames “FestiMax”. Haberá espectáculos e obradoiros para todos os públicos durante os días 27, 28 e 29 de outubro. O evento, organizado polo departamento de Cu ...

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde de Ames, Blas García, con quen estudou vías de colaboración en materia de solo industrial e vivenda. Á reunión, por parte do Concello de Ames, asistiu tamén o ...

AVISOS

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.