Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 25 de abril de 2024

AVISOS
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que o primeiro equipo do Obradoiro CAB realizará mañá xoves, 25 de abril, unha sesión de adestramento no pavillón de Bertamiráns. O adestramento realizarase a porta pechada de 11.00 a 13.00 horas. De 13:00 a 14:00 horas abri ...
Ata o 6 de maio de 2024 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infa ...

NOVAS

Esta mañá presentouse no paseo fluvial de Bertamiráns a terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que terá lugar no casco urbano de Bertamiráns o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 11:00 horas. Esta actividade foi organizada polo departamento de Deportes en co ...

Este xoves, día 25, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debate ...

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou unha andaina polo Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2024. Inicialmente, estaba previsto que se celebrase o pasado 25 de febreiro, pero mor por do mal tempo foi adiada e finalm ...

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos oficios que trataron nas aulas, recibiron a visita de dous axentes da Policía Local de Ames que lles explicaron en que consiste o seu traballo ...

AXENDA

A terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames terá lugar no casco urbano de Bertamiráns o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 11:00 horas. Esta actividade foi organizada polo departamento de Deportes en colaboración coa entidade Xesta Natureza.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Levarase a cabo na biblioteca de Bertamiráns o sábado 4 de maio, ás 11:30 horas. As familias que desexen participar ...

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Levarase a cabo na biblioteca do Milladoiro o venres 3 de maio, ás 17:00 horas. As familias que desexen participar po ...