Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 25 de xuño de 2024

NOVAS

Este venres, 21 de xuño, botou a andar a primeira edición do concurso Baila con Ames. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, o xurado decidiu que todos os/as participantes pasan á final.
Deste xeito, esta fase de preselección serviu d ...

A nova Comisión de Festas da Madalena vén de reunirse no Concello con Blas García, alcalde de Ames,  Ana Paz, concelleira de Promoción Económica e XEA. “El Combo Dominicano” e “Panorama” encabezarán o cartel das festas patronais do Milladoiro.

O IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPA do IES do Milladoiro e co Concello de Ames, organizou unha serie de actos para hoxe, venres 21 de xuño, co obxectivo de celebrar seu o décimo aniversario. Deste xeito, ás 10.00 horas inaugurouse na Casa da Cultura do Milladoiro a exposición “Ao ...

O Concello de Ames vai a recoñecer a traxectoria e palmarés do deportista amesán, Borja Golán, que o pasado ano anunciou a súa retirada do deporte profesional. Entregaráselle a medalla do Concello de Ames no acto do Día de Galicia 2024. Así foi acordado por unanimidade na Xunta de voceiro ...

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Música de Ames, organiza unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez Piñeiro, veciño do Milladoiro, que xa conta con numerosas distincións e premios. En 2022 recibiu unha mención de honra pola súa participación no Concurso Internaciona ...

O proxecto Apego despide a programación da primavera co concerto “Rockeando coas máis molonas de Pakolas”, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 28 de xuño, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo norm ...

A Escola Municipal de Teatro de Ames vén de celebrar esta semana diversas mostras de fin de curso. Nelas, o alumnado representou varias obras adaptadas ante un amplo público. Pola súa banda, o grupo municipal de teatro tamén pechou a súa actividade coa estrea de “A visita” nos auditorios ...

Esta semana o concelleiro de Turismo e alcalde de Ames, Blas García, visitou o punto de atención ao peregrino e de información turística. Este punto comezou a funcionar por segundo ano consecutivo o pasado 15 de xuño, e estará aberto ata o 15 de setembro.  Esta iniciativa xorde da cola ...

AVISOS

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Xuño Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames, a través da Concellería de Deportes, informa de que se cancela a xornada de portas abertas Barco Dragón. A actividade, prevista para este sábado, non pode levarse a cabo debido a que o caudal do río é insuficiente para a navegación.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de preinscricións admitidas e excluídas nos servizos de Bos Días Cole, comedor e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. As solicitudes admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 26 de xuñ ...
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.