Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 27 de maio de 2024

NOVAS

A Consellería de Sanidade, mediante un comunicado publicado esta mesma tarde, descartou a contaminación dos alimentos como causa do gromo de gastroenterite e sostén a transmisión “persoa-persoa” como causa máis probable. Dende o Concello queren agradecen o apoio e o seguimento da Consell ...

Hoxe comezaron os traballos de humanización da rúa Agrelo, situada en Bertamiráns. Estas obras foron adxudicadas, na Xunta de Goberno Local do 29 de febreiro, á empresa Construcciones D. Ogando SL, por un importe de 318.097,61 euros (IVE incluído). O Goberno municipal traballa na mellora e h ...

Un grupo de 30 persoas, 27 alumnos/as e 3 profesores/as, do IES Xulián Magariños, de Negreira, visitaron esta mañá as instalacións do espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, para coñecer a experiencia laboral de varios/as coworkers. Parte do alumnado está c ...

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, organiza a V Festa do Apego, que se celebra ao longo de toda a xornada de hoxe no Pazo da Peregrina de Bertamiráns a excepción dos concertos de Golfiños e  Oviravai, que trasladan á Casa da Cultura de Bertamir ...

O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil.

AVISOS

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre o prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. Este servizo está dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha ...
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.