Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 27 de xullo de 2022


NOVAS

O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Pereg ...

O Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal as familias do municipio acollen durante os meses de verán a nenos e nenas saharauís. Nesta edición son 4 familias amesás as que acollen a 5 nenas ...

A pasada fin de semana disputouse nas pistas do estadio Yago Lamela, en Avilés, o campionato de España de atletismo sub 16 con dous representantes do equipo Ames Atletismo. María Estévez participou na proba dos 1.500 obstáculos logrando unha meritoria décimo quinta posición e volvendo a lo ...


AXENDA

Os Seráns de Ames chegan ao campo da festa de Bugallido cos espectáculos “A bibliotecaria estrafalaria”, a cargo Cris de Caldas e Xabi do Camiño; e “Nabiza Girl”, a cargo de Isabel Risco. A partir das 19:30 horas.