Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 3 de outubro de 2022

NOVAS

Este xoves, 29 de setembro, celebrouse o pleno ordinario correspondente a este mes de setembro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos abordados. Deste xeito aprobouse un suplemento de crédito, por importe de 1.546.120,20 euros, financiado con r ...

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa proposta formativa para todos os públicos en outono, cun total de once cursos que inclúen temas como a ofimática, a Administración electrónica ou o ...

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde prosegue o seu programa de andainas saudables en outubro, cunha saída pola Vía Verde entre os concellos de Cerceda e Oroso. O percorrido, duns quince quilómetros, discorre sobre o antigo trazado ferroviario pertencente á liña Santiago ...

A Aula da Natureza continúa coa programación de actividades para este outono. Desta volta, abre o prazo de inscrición para as acampadas que se realizarán en dúas quendas nas instalacións da Aula no lugar de Quintáns, na Ameixenda. Poderase participar nesta actividade a fin de semana do 8 e ...

Dende o próximo luns 3 de outubro retómase no Milladoiro o programa Espazos das Familias, un punto de encontro para a formación e o intercambio de experiencias entre nais e pais. Por primeira vez, este ano as xuntanzas realizaranse no antigo centro de saúde, de xeito semanal os luns a partir ...

O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 5 de outubro, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Taller de seguridade informática nas PEME”. Este obradoiro íase a impartir o pasado 16 de setembro, pero tívose que adiar. Deste xeito, tras un breve parón durante ...

AVISOS

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Impartiranse 9 cursos de xeito presencial e en liña. Aínda estás a tempo de inscribirte nestas activid ...