Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 30 de setembro de 2022

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de asfaltado dos interiores do núcleo do Instrumento, situado entre as parroquias de Ortoño e Bugallido, así como da parte norte de Lapido. O proxecto, incluído no Plan Ames Progresa 2021-2023, foi adxudicado á empresa Excava ...

O Pazo da Peregrina acollerá este sábado, 1 de outubro, de 10.00 a 19.00 horas, a segunda edición da Feira do voluntariado “Sementando Voluntariado” que este ano inclúe dentro da súa programación o Encontro intercultural de Ames. Na Feira participarán 17 entidades relacionadas con dife ...

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde organiza un obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. Este taller, que xa se ofrecera a comezos de ano ao persoal do Concello, diríxese agora ao público xeral a partir dos 18 anos, cunha serie de oito sesió ...

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames rexistrou 736 entradas en agosto de 2022. Durante o pasado mes destaca a achega de 3.370 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 280 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e 147 litros de aceites vexetais e de motor. O Punto L ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de educación infantil das escolas infantís municipais.
O Servizo de Normalización Lingüística informa de que xa están esgotadas as prazas para participar no obradoiro de arrolos con Mamá Cabra, do programa Apego. Co aforo xa completo, o taller desenvolverase o próximo xoves 6 de outubro ás 18:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

AXENDA

A compañía Migallas Teatro pecha o setembro do programa Apego amesán con “Orella pendella”, un obradoiro para familias con música en directo no que aprender ditos infantís, xogos, contos, recitados e cancións de sempre para inter ...

A compañía Producións Teatrais Excéntricas achega a Ames a obra “O porco de pé”, unha representación da clásica novela de Vicente Risco. A adaptación da sátira, orixinalmente baseada nos anos vinte do século XX, mostrará un relato de corrupción política, amor e personaxes grotesc ...

Volve a Feira do voluntariado de Ames e este ano con máis forza se cabe xa que inclúe dentro da súa programación a celebración do Encontro intercultural de Ames. A Feira desenvolverase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 19.00 horas. Comezará co acto de inauguració ...

A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Outono de cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 1 ...

A Oficina de voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, continúa coa programación de obradoiros que comezou no pasado mes de xullo. Nesta ocasión o sábado, 1 de outubro, de 11:00 a 13:30 horas, impartirase no edificio do antigo centro de ...