Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 31 de agosto de 2022

NOVAS

O Concello de Ames vén de presentar as propostas que compoñen a programación infantil de Ames nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2022, que inclúen música, cinema, xogos, tradición oral, contos, maxia ou danza. A primeira actividade é esta mesma semana, o xoves 1 no parq ...

Guillermo Carracedo vén de proclamarse campión de Europa no campionato que se está celebrando en Hvide Sande (Dinamarca). Esta é a primeira medalla de ouro que consegue o xoven surfista amesán despois de gañar catro campionatos de España de Paddle Surf e un subcampionato do mundo coa Selec ...

Co inicio do curso escolar 2022-2023 volven unhas das principais actividades de animación á lectura para o público adulto das bibliotecas amesás. Os encontros literarios en Ames arrincan este xoves 1 de setembro coa presentación da obra “O roubo do sol”, un poemario de Diego Rojo con ilu ...

AXENDA

O Concello de Ames organiza o mércores 31 de agosto un acto na memoria dos once concelleiros da corporación municipal de Boimorto, detidos e asasinados pola represión franquista o 20 de agosto de 1936 nos Batáns. A homenaxe servirá ademais para informar sobre os traballos realizados na parro ...