Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 4 de abril de 2024

NOVAS

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu esta mañá a entrega de premios da sétima edición do certame Enreguéifate, o proxecto desenvolvido polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para impulsar a difusión da improvisación oral en verso (reguei ...

A Aula da Natureza organiza este sábado, 6 de abril, un obradoiro de construción de refuxios para morcegos. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño. Para inscribirse é pr ...

A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza ao longo do mes de abril un ciclo de xornadas sobre saúde  baixo o lema «Mes da saúde en Bugallido». O ciclo, que consta de catro xornadas, con ...

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza teatral dirixida a público familiar. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 5 de baril, ás 18:00 horas, coa obra de teatro “Voa Voa”. O espectáculo, producido por Talía Teatro, está dirixido a ...

AXENDA

A Aula da Natureza organiza este sábado, 6 de abril, un obradoiro de construción de refuxios para morcegos. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño. Para inscribirse é pr ...

O 25 de abril,  o recoñecido catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, ofrecerá unha charla-coloquio na que poderán participar todos os asistentes.

O xoves 18 de abril estará en Bugallido Olaya Fernández Seijas, nutricionista do Servizo de Atención Primaria de Bertamiráns e Brión, para dirixir o relatorio “Hábitos de alimentación saudable".

O xoves 11 de abril terá lugar o relatorio “Cardiopatía isquémica. Como podemos previla?. A encargada de impartila será Amparo Martínez Monzonís, coordinadora da Unidade de Imaxe Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ...

O xoves 4 de abril terá lugar o relatorio “Saúde mental: ansiedade e depresión. Claves para unha boa saúde mental”. Será impartido por Alberto Ramos Caneda,  psiquiatra da Unidade de Saúde Mental de Carballo. Nesta xornada ofrecerans ...

Dentro do ciclo Abril de Cine, o martes 23 de abril proxéctase a películaIn the mood for love (Desexando amar), un filme asiático que se desenvolve no Hong Kong de 1962. Neste contexto, Chow, redactor xefe dun diario local, múdase a un edificio habitado principalmente por residentes de Shagha ...

Dentro do ciclo Abril de Cine, o martes 16 de abril proxéctase a película The Straigth Story (Unha historia verdadeira), de David Lynch. Baseada nunha historia real, narra a viaxe de Alvin Straight, un ancián que vive coa súa filla con discapacidade, para ver ao seu irmán enfermo no ún ...

Dentro do ciclo Abril de Cine, o xoves 11 de abril proxéctase a película Les 400 Coups (Os 400 golpes), unha obra clave da “nouvelle vague” na que se conta a historia de Antoine Doinel, quen con 14 anos non só é testemuña dos problemas de parella dos seus pais senón que tamén debe sopo ...

Dentro do ciclo Abril de Cine, o xoves 4 de abril proxéctase a película Verano 1993, dirixida por Carla Simón e galardoada con 3 premios Goya (mellor dirección novel, mellor actriz revelación e mellor interpretación masculina). Nela nárrase a historia de Frida, unha nena de seis anos que a ...