Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 5 de febreiro de 2024

NOVAS

O Goberno municipal traballa na mellora e humanización das rúas dos núcleos urbanos e das estradas e vías interiores dos núcleos do rural. Neste caso o Concello vai investir máis de 300.000 euros no proxecto de humanización da rúa Agrelo, situada na localidade de Bertamiráns. Para elo a ...

O Concello de Ames está inmerso na elaboración da Axenda urbana 2030. Para iso acábase de abrir un proceso participativo no que se vai implicar ao tecido asociativo do municipio co obxectivo de pulsar a súa opinión e de que acheguen propostas e suxestións de cara á redacción do documento ...

Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Así, estará os días 26 e 28 de febreiro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 citas ...

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os meses de febreiro e marzo, con dous cursos dirixidos a adultos. Os contidos impartidos abarcan a formación en aspectos das f ...

O Concello de Ames pon a disposición das persoas con dificultade de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o domingo 18 de febreiro de 2024. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co persoa ...

AVISOS

Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.