Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 6 de maio de 2024

NOVAS

Esta mañá foi presentado no Salón de Plenos o número 87 da Revista Galega de Educación, que leva por título “Saúde Mental e Educación”. Nel abórdase o papel decisivo do ámbito educativo no coidado e prevención da saúde mental infantoxuvenil. Trátase dun acto complementario ás

Dende hoxe, venres 3, e ata o 20 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está di ...

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, vén de facer públicas as cifras de participación e os nomes das persoas que integran o xurado da vixésimo primeira edición do Certame Literario de Ames. Nesta ocasión, presentáronse 179 traballos, un número que ...

A través do programa Trouleando, a Concellaría de Xuventude de Ames organiza unha xornada de surf para a mocidade do concello. Será o vindeiro sábado 25 de maio, en Razo (Carballo) e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse

AVISOS

Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.