Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 6 de novembro de 2023

NOVAS

Esta mañá presentouse a sexta edición do festival internacional de cinema infantil de Ames. Na presentación estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García; a deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade Gonzále ...

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o vindeiro venres, 10 de novembro, ás 20:00 horas, a gala de entrega de premios do IV Certame Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e de Normalización Lingüística do Concello de Ames, que se realiza por cuarto ano consecutivo e ...

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organizou un curso de inglés básico para maiores. Trátase dun obradoiro de iniciación que está dirixido á todas aquelas persoas que non teñen ningunha formación na lingua inglesa. As clases, que serán impartidas por unha profesora ...

O Concello de Ames realizará unha achega de máis de 40.000 euros para que os clubs Bertamiráns FC e Milladoiro SD poidan financiar os gastos realizados na tempada 2022-2023 relativos a trámites federativos correspondentes á tempada, arbitraxes, transporte, mutualidades e seguros, material de ...

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, organiza un ano máis os Premios Lingua e Empresa, que promoven o uso da lingua galega no ámbito empresarial local. Nesta ocasión, incrementouse en sete o número de empresas participantes con respecto á edición an ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os anuncios publicados no BOP sobre o nomeamento de persoal funcionario de carreira de cinco prazas: unha praza de asesoría xurídica do servizo da muller, unha praza de asesoría xurídica de servizos sociais (xornada a tempo p ...
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

AXENDA

Un ano máis, os departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística de Ames puxeron en marcha o certame Galetiktokers. Trátase dunha oportunidade para que a mocidade estimule a súa creación empregando os novos formatos e poñendo en valor a lingua galega.

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, organiza un ano máis os Premios Lingua e Empresa, que promoven o uso da lingua galega no ámbito empresarial local. Nesta ocasión, incrementouse en sete o número de empresas participantes con respecto á edición an ...