Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 7 de febreiro de 2024

AXENDA

O domingo, 25 de febreiro, organízase unha ruta teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas centrada no poema rosaliano "A vella que está xorda". O bus de traslado sairá do Milladoiro ás 9:30 horas, e de Bertamiráns ás 9:45 horas. Terá unha duración aproximada de 2 horas.

O venres 23 de febreiro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha homenaxe poética musical a Rosalía de Castro. Será un acto diverso e participativo no que a veciñanza amesá se achegará á figura rosaliana a través de recitados, música, performances, dramatizació ...

#Luxo no lixo é unha intervención urbana ao aire libre utilizando como soporte as papeleiras e colectores do lixo dalgunhas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, do rural e dos centros educativos. Colocaranse 500 vinilos coa silueta de Rosalía neste colectores, cunha escolma dos seus versos. ...

O sábado 17 de febreiro organízase unha excursión literaria á casa de Rosalía de Castro, en Padrón, con paradas en Ortoño e Bastavales. A viaxe partirás ás 9:30 horas do Milladoiro, e ás 9:45 de Bertamiráns; a volta está programada para as 14:30 horas. As persoas interesadas en asisti ...

O sábado, 24 de febreiro, a biblioteca municipal do Bertamiráns acolle un obradoiro para facer chapas e pins para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partiri de 3º de primaria. O prazo de inscrición é do 12 ao 21 de febreiro, chamando ao ...

O venres, 23 de febreiro, a biblioteca municipal do Milladoiro acolle un obradoiro para facer chapas e pins para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partiri de 3º de primaria. O prazo de inscrición é do 12 ao 21 de febreiro, chamando ao tel ...

NOVAS

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 8 de febreiro, coa presentación da novela “Un taxi verde e un concerto”,  de Tuco Cerviño. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Berta ...

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do servizo de xestión do laboratorio amesán de produción audiovisual (Ames AV LAB). O contrato foi adxudicado á empresa Craftium SL por un importe de 85.586 euros (IVE incluído). O Ames AV Lab é un laboratorio de aceleración de proxectos aud ...