Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 7 de maio de 2024

NOVAS

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 18 de abril o contrato de obras de pavimentación de viarios no núcleo de O Galiñeiro, en Agrón. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Mantido SL por un importe de 125.889,49 euros (IVE incluído). Este proxecto está sufragado con cargo ao POS+ Adic ...

O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolleu esta fin de semana a primeira edición do Mercado de Maio, unha iniciativa organizada pola asociación Menais co obxectivo de promover un modo de vida máis respectuoso coa comunidade e o medio natural. Desenvolveuse os días 4 e 5 de maio, e contou c ...

O venres 3 e mailo sábado 4 de maio celebráronse as III Xornadas de Saúde Mental, que nesta terceira edición trataron sobre a saúde mental infantoxuvenil no ámbito educativo. As xornadas estiveron dirixidas ás persoas interesadas no benestar psicolóxico e a profesionais de todos os sector ...

A Concellería de Deportes, a través de Xesta Natureza, organizou este domingo, 5 de maio, a terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que se desenvolveu na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns a partir das 11:00 horas. O evento, no que se inscribiron 278 participan ...

AVISOS

Ata o 20 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas es ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2024-2025. Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exam ...
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2024. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Haberá que comprobar o código asignado a cada usuario/a para ...

AXENDA

A través do programa Trouleando, a Concellaría de Xuventude de Ames organiza unha xornada de surf para a mocidade do concello. Será o sábado 25 de maio, en Razo (Carballo) e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse

O Campo da Festa da Bugallido acolle o sábado, 11 de maio, a II Feira do Pan e do Cereal. Unha feira que nace co obxectivo de animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada; cultivos que noutros momentos quedaron rel ...

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o martes, 7 de maio, a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. O evento está organizado por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas ...

O mércores 22 de maio, Marga Cancela presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "O clamor das Virxe", de Medulia Editorial.

Desde a ficción do realismo máxico, a autora recrea a historia dunha das súas tías, Manola Negreira quen, entre 1939 e 1958, deu voz e visibilidade a un grupo ...

O mércores 15 de maio, Mariña Pérez Rei presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Finximentos", da editorial Xerais.

Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de másc ...