Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 7 de novembro de 2023

NOVAS

O Concello de Ames colaborou co colexio Alca para realizar esta mañá un acto de recepción a un grupo de 22 alumnos/as e 4 profesores/as daneses que participan no programa Erasmus. Por parte do Concello de Ames participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Educación, Carmen Po ...

A Concellaría de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para persoas en xeral con perfís profesionais educativos. Desta volta, organiza un curso de formación en igualdade para perfís educativos denominado Lentes Violetas, que se vai desenvolver ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programou un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes O Corno, de Jaione Camborda, que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, un ...

O alcalde de Ames, Blas García, e as concelleiras e concelleiro, Uxía García, Ana Paz e Víctor Fernández acudiron ao convite da xornada de portas abertas da Fundación Secretariado Gitano, unha sociedade intercultural que leva máis de 40 anos traballado pola promoción integral das persoas ...

AXENDA

Coincidindo co inicio de novembro bota a andar unha nova edición do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura. Arrincan este xoves, 9 de novembro, coa presentación da obra “Pecados veniais” da xorn ...