Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 8 de xullo de 2022


NOVAS

Este sábado, 9 de xullo, realizarase, no campo da festa de Biduído, unha nova edición do SolporSon de Ames. A festa arrancará ás 18:30 cunha Holi Party, trátase dun espectáculo participativo no que lanzarán 150 quilos de po de cores ao ritmo marcado polos DJ´s Dumore e Enter. Despois da ...

O pasado venres, 1 de xullo, comezou unha nova edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. Durante a primeira quincena deste mes de xullo, 330 nenos e nenas están participando neste programa de conciliación que pretende of ...

A Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente informa de que a Asociación Ecoloxista ADEGA rematou o seu primeiro ciclo formativo en mestría en compostaxe en 2022, denominado “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada”, que se desenvolveu do 9 de maio ao 7 de xuño nas instal ...

Os irmáns Paula e Manuel Blanco Prol, veciños de Ortoño, participaron esta pasada fin de semana no campionato de España de kickboxing, que se desenvolveu no Palacio de los Deportes de Vista Alegre, en Córdoba, entre os días 30 de xuño e 3 de xullo. Neste senso, Paula Blanco proclamouse dob ...


AXENDA

A Travesía do Porto do Milladoiro acolle, a partir das 22.00 horas, o concerto do grupo Seguridad Social. A actuación está incluida na programación Ames Cultural para os meses de verán. 

O sábado 9 de xullo realizarase, no campo da festa de Biduído, unha nova edición do SolporSon de Ames. A festa arrancará ás 18:30 cunha Holi Party, trátase dun espectáculo participativo no que lanzarán 150 quilos de po de cores ao ritmo marcado polos DJ´s Dumore e Enter. Despois da festa ...

O Campo da Festa de Ortoño acolle, a partir das 19:00 horas, o concerto de Luar na Lubre. A actuación está incluida na programación Ames Cultural para os meses de verán.