Pestanas principais

Novas e eventos de Ames, 13 de novembro de 2020

AVISOS
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de dous ou dúas peóns para a brigada de xestión e repoboación forestal.
Últimos días para participar na enquisa, elaborada polo Concello de Ames, sobre a Covid-19. O obxectivo é coñecer a opinión da veciñanza sobre diferentes aspectos relacionados coa pandemia. O vindeiro martes, 17 de novembro, pecharase dita enquisa.

NOVAS

Este mércores, 11 de novembro, celebrouse unha sesión plenaria extraordinaria na que se aprobou por maioría o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia, na área de Santiago de Compostela, na que está incluído o concello de Ames. Tamén ...

Por quinto ano consecutivo, o Concello presenta a campaña solidaria ”Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno, nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada, os Trasnos, escribe pedindo un regalo co ...

O Servizo de Normalización Lingüística será un dos puntos de recollida de sinaturas para apoiar o proxecto Xabarín, da Mesa pola Normalización Lingüística. Ames colabora con este proxecto co obxectivo de que a CRTVG aumente a programación infantil e xuvenil en galego. A petición levaras ...