Pestanas principais

Novas e eventos de Ames, 21 de setembro de 2020

NOVAS

Do 21 ao 27 de setembro os veciños e veciñas de Ames poderanse preinscribir na nova programación das Escolas deportivas e culturais do Concello de Ames. A xestión realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Non ...

O Concello de Ames presenta a programación 2020-2021 de actividades para persoas maiores de 60 anos. Os cursos de decoración e restauración; estimulación cognitiva; ximnasia terapéutica; e música tradicional galega, impartiranse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así com ...

"Altamira Brilla", a primeira festa da historia da comarca da Maía, adíase até o vindeiro 24 de outubro a causa da previsión de chuvias. A convocatoria continuará co mesmo programa e as entradas xa mercadas serán válidas para a nova xornada.

As Oficinas Xerais do Milladoiro e mailas dependencias municipais do Pazo da Peregrina xa son accesibles para calquera persoa que teña problemas de mobilidade. Ditas obras foron adxudicadas á empresa Joscón Construcciones SL por un importe de 128.000 euros. Estas obras enmárcanse na segunda f ...

O programa `Sanauga´ abriu o prazo de inscrición para o curso 2020-2021. Este programa de actividades acuáticas, posto en marcha pola Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado (OVA), e cofinanciado pola Deputación da Coruña, está dirixido a persoas maiores e pers ...

AXENDA

A programación teatral infantil do segundo semestre de 2020 pecha este martes, 22 de decembro, coa obra The Show Moscón. Este espectáculo, que chega da compañía Galitoon, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas.

A programación teatral infantil do segundo semestre de 2020 comeza este venres, 16 de outubro coa obra Lambetadas. O espectáculo, que chega da man de Talía Teatro, presentarase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá dúas sesión, unha ás 17.00 horas e a seguinte, ás 18.30 horas.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 presenta o 23 de decembro a obra EntreSoños. Este espectáculo, da man de Fran Sieira - Compañía de d ...

A programación teatral do segundo semestre de 2020 presenta o 20 de novembro, da man de Producións Teatrais Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas. O evento terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 21.00 horas.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 presenta o venres 16, da man de Talía Teatro, na Casa da Cultura do Milladoiro, o espectáculo Vida de Can.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana polo Milladoiro. Deste xeito, o xoves 17 de decembro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana polo Milladoiro. Deste xeito, o xoves 3 de decembro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana soliadria por Bertamiráns. Deste xeito, o venres de 18 de decembro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde. Para participar é imprescindible inscribirse previam ...

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana por Bertamiráns. Deste xeito, o xoves 10 de decembro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.