O SNL organiza todos os anos un certame de narrativa e poesía en lingua galega co obxectivo de promover a creación artística na nosa lingua. Os traballos premiados recóllense nun libro antolóxico para cada edición, que se presenta no Día das Letras Galegas. Pode participar, de acordo coas bases, calquera persoa do mundo que presente a súa proposta inédita en galego.
O certame ten dúas modalidades, narrativa e poesía, e cada unha delas componse á vez de tres categorías, de xeito que poden participar persoas de calquera idade. As nenas e nenos de ata 13 anos poden concursar na primeira categoría; a segunda está dirixida á rapazada de entre 14 e 17, mentres que a terceira está dirixida ás persoas de 18 anos ou máis. Outórganse tres premios en metálico por cada unha destas franxas de idade en ambas as dúas modalidades, e edítase un libro colectivo con todos os textos premiados.
- Bases do XXI Certame Literario Concello de Ames
- Ficha de participación no XXI Certame Literario Concello de Ames
- Cartaz do XXI Certame Literario Concello de Ames
- Libro que recolle os textos gañadores do Certame en 2023
- Libro que recolle os textos gañadores do Certame en 2022
- Libro que recolle os textos gañadores do Certame en 2021
- Libro que recolle os textos gañadores do Certame en 2020
- Libro que recolle os textos gañadores do Certame en 2019
- Libro que recolle os textos gañadores do Certame en 2018
- Libros que recollen os textos gañadores do Certame desde 2014 - 2017
- Libros que recollen os textos gañadores do Certame desde 2004 - 2013