O concello de Ames dispón de dous centros socioculturais, un en Bertamiráns e outro no Milladoiro, que son empregados para acoller diferentes actividades culturais e espectáculos de teatro, música e danza. Deste xeito, dende a Concellaría de Cultura organízase unha programación estable ao longo do ano. Moitos destes espectáculos enmárcanse dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
Premendo nas seguintes ligazóns podes consultar información de interese sobre os equipamentos dos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
-Información sobre os equipamentos do auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.
-Información sobre os equipamentos do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.